castelángalegoinglés
 
 
 
CITIC - Centro de Investigación TIC  
youtube_citic  linkedin_citic   facebook_citic   twitter_citic   google+_citic  Universidade da Coruña

Eventos pasados

Organización e Xestión de Centros de Investigación de Universidades e Institucións Públicas: Retos e tendencias

De 15 de xuño de 2017 a 16 de xuño de 2017
Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña, Rúa da Maestranza 9 - A Coruña

Se tes interese en asistir ás xornadas, podes inscribirte a través da seguinte ligazón:

 

Por qué estas xornadas de traballo?

Estas xornadas pretenden ser un espazo de reflexión sobre os actuais modelos de xestión dos centros de investigación, sobre os diferentes marcos de relación xurídica coas institucións públicas das que dependen e sobre a estreita interacción entre o mundo académico e o sector produtivo.

Obxectivos

Debater sobre os actuais modelos organizativos existentes, así como outros posibles que axuden a mellorar a I+D no contorno da universidade e a facilitar a transferencia de coñecementos aos sectores produtivos, ademais do acceso e a xestión de fondos públicos autonómicos, nacionais, europeos e internacionais.
O fin último das xornadas é elaborar un documento de conclusións e recomendacións para a organización e xestión de centros de investigación de universidades e institucións públicas en todos os ámbitos tratados nas mesas temáticas que serán, posteriormente, obxecto de análise e reflexión por parte dos grupos de traballo temáticos que se crearán ao abeiro das xornadas.

A quen van dirixidas?

  • Persoal directivo, técnicos e xestores públicos de centros de investigación do ámbito universitario.
  • Xestores e responsables de unidades de xestión de I+D, valorización e transferencia de universidades e organismos públicos de investigación.
  • Responsables de planificación estratéxica de universidades e institucións de investigación no ámbito da investigación e transferencia.
  • Responsables de empresas de base tecnolóxica (EBT), industria tecnolóxica e spin-off  ligados a centros de investigación.
  • Axentes de I+D

PROGRAMA

15 de junio

10.00 h – 10.10 h Recepción de asistentes

10.10 h – 10.30 h Apertura das xornadas

  • Salvador Naya Fernández, Vicerrector de Política Científica, Investigación y Transferencia de la Universidade da Coruña.
  • José Alberto Díez de Castro, Secretario Xeral de Universidades.

10.30 h – 12.00 h Mesa temática 1: Modelos actuais de organización e xestión de centros de investigación no ámbito universitario

  • Mesa redonda de debate con expertos nos diferentes modelos de centros de investigación:
    • Salvador Naya Fernández, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña (Moderador)
    • José Manuel Torralba Castelló, director xeral de Universidades e Investigación da Consellaría de Educación, Xuventude e Deporte da Comunidade de Madrid
    • Joan Parra, director xeneral do Centro Tecnológico LEITAT,Barcelona
    • Gabriel de Sousa Torcato David, consello de administración do Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores, Tecnología e Ciência (INESC TEC), Portugal
    • Javier Rey Campos, científico titular do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)
  • Quenda de preguntas

12.00 h – 12.30 h Pausa café

12.30 h – 14.00 h Mesa temática 2: Implicacións da forma xurídica na organización e nos modelos de xestión dos centros de investigación

  • Mesa redonda de debate con expertos nas implicacións legais e de financiamento das diferentes formas xurídicas dos centros de investigación:
    • Carlos Aymerich Cano, secretario xeral da Universidade da Coruña (Moderador)
    • Pilar López García, División de Coordinación, Avaliación e Seguimento Científico e Técnico da Axencia Estatal de Investigación (AEI). MINECO
    • Luis Feijoo García. Asesor xurídico en EOSA Consultores.
    • Antonio López Díaz. Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Quenda de preguntas

14.00 h Fin da sesión

16 de junio

09.50 h – 10.00 h Benvida

10.00 h – 11.30 h Mesa temática 3: Gobernanza da I+D+i e da valorización dos resultados dos centros de investigación

  • Mesa redonda de debate con expertos na xestión de centros de investigación:
    • Juan Lerma Gómez, profesor de Investigación do Instituto de Neurociencias de Alacante CSIC-UMH (moderador)
    • África González Fernández, directora do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo
    • Manuel F. González Penedo, coordinador do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña
    • Mª Dolores Pérez Meirás, directora adxunta do Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiaies Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela
  • Quenda de preguntas

11.30 h – 12.00 h Conclusións e recomendacións das xornadas 

Salvador Naya Fernández, vicerreitor de Política Científica, Investigación y Transferencia da Universidade da Coruña presentará as conclusións dos aspectos tratados nas tres mesas temáticas de debate e mais nos grupos de traballo creados ao abeiro das xornadas.

12.00 h – 12.15 h Clausura das xornadas

  • Julio E. Abalde, Reitor da Universidade da Coruña
  • Representante da Secretaría Xeral de Universidades

12.15 h Café

 

O CENTRO

ÁREAS TECNOLÓXICAS

Proxectos I+D

ACTIVIDADE

OFICINA DE PRENSA

FUNDACIÓN

CONTACTO