PRESENTACIÓN


O CITIC é un centro de investigación singular que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicada ás TIC. Impulsado pola Universidade da Coruña, o CITIC é un punto de encontro entre a Universidade e a empresa en que conflúen departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario.

No ano 2016, o CITIC recibe o distintivo de “Centro singular de investigación de Galicia” 2016-2019. É o único centro TIC de Galicia recoñecido con este distintivo, cofinanciado pola Xunta de Galicia e mais pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

LOCALIZACIÓN


Centro de investigación TIC

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña - España
+34 981 16 70 00
+34 981 16 70 92

citic@citic-research.org

OBXECTIVOS


Os seus obxectivos principais son:

Potenciar o avance e a excelencia na investigación, desenvolvemento e innovación nas tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).

Consolidación do coñecemento científico avanzado e excelente nas áreas tecnolóxicas do Centro.

Fomentar a transferencia tecnolóxica á sociedade e ao mercado.

Ampliar o alcance internacional da actividade investigadora.

Estimular a capacidade xeradora de emprego no sector TIC.