INSTALACIÓNS


O CITIC conta con dous edificios modulares e intelixentes cunha superficie de 3.200 m2 distribuídos en andares diáfanos configurables para o desenvolvemento de actividades de I+D e onde se sitúan empresas e persoal investigador.

 

Nestas instalacións disponse de laboratorios de investigación, zonas para o desempeño da actividade de I+D+i e áreas tan relevantes como:


Centro de Proceso de Datos (CPD) con equipamento actualizado e heteroxéneo tanto a nivel hardware como software sobre o que se realizan probas, pilotos, demostradores e despregamentos precomerciais.

Equipamento profesional en toda a cadea do audiovisual que permite a adquisición, distribución e consumo en distintos escenarios da televisión dixital interactiva (DVB-T, DVB-C, IPTV, DVB-H).

Estación de emisión de contidos e servizos experimentais de TDT (DVB-T) e televisión móbil (DVB-H), conectada ao Laboratorio de Vídeo Dixital e con licenza experimental do Ministerio de Industria.

O Laboratorio de imaxe médica conta con diferentes dispositivos destinados ao desenvolvemento de proxectos no ámbito clínico.